jueves, 25 de febrero de 2016

Día de Rosalía de Castro



O pasado mércores, 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro. A entrada á biblioteca estaba así de chula:

Para celebralo subimos todos a biblioteca para facerlle unha homenaxe a esta importante escritora galega e alí amosamos os traballos que estivemos realizando en días anteriores.

Así os alumnos e alumnas de Educación Infantil fixeron dous puzzles de Rosalía que quedaron moi chulos.


O alumnado de primeiro a cuarto encargouse de realizar unha pequena biografía sobre Rosalía de Castro: así primeiro e segundo encargouse de ilustrar as palabras que escribiron os maiores. Este foi o resultado:



 O curso de 5º e 6º optou por facer una recopilación das súas obras máis importantes: "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" que recitaron para todos os asistentes á homenaxe.





 Por último, todos xuntos cantamos o seu poema máis famoso
"Adiós Ríos, Adiós Fontes"