miércoles, 31 de enero de 2018
XA ESTAMOS ENCHENDO O NOSO BUZÓN
Os nenos e nenas deste centro están participando maioritariamente para elexir o nome e a mascota para a nosa radio...moi pronto coñeceremos o gañador...
Estade moi atendos!!!
miércoles, 17 de enero de 2018
CONCURSO PARA POÑER NOME E MASCOTA A NOSA RADIO
Hoxe reunimos os nosos alumnos para explicarlle que actividade se vai facer para escoller o nome e a mascota para a nosa radio.
martes, 12 de diciembre de 2017
SELECCIONADOS PARA O PROXECTO `` RADIO NA BIBLIO´´
Fai uns días recibimos a noticia de que fomos selecionados ,dentro dos 20 centros de toda Galicia para participar no proxecto de `` Radio na biblio´´.
Poderemos contar coa nosa propia radio, estamos asustados por non ter experincia no tema pero ao mesmo tempo ilusionados por adentrarnos neste mundillo,que esperemos aprendamos moito todos del.
Oxalá que saian grandes reporteros e periodistas desta experiencia, e que sobretodo disfrutedes dela.
lunes, 10 de octubre de 2016
ABRIMOS XAAAAAAA!!!
Outubro está aquí, e a biblioteca comeza a súa andadura con todos vós!
O DÍA 17 ABRIMOS PORTAS!!!
Espero vervos a todos polo meu rinconciño!!sigo pensando e argallando moitas actividades das que poidades aprender e divertirvos!!!
O DÍA 17 ABRIMOS PORTAS!!!
Espero vervos a todos polo meu rinconciño!!sigo pensando e argallando moitas actividades das que poidades aprender e divertirvos!!!
Pancholiño.
jueves, 15 de septiembre de 2016
BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e hoxe comezamos un novo curso. Desde este recanto, o Claustro de Profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2016/2017. Seguro que xa estabades desexando atoparvos cos compañeir@s e compartir con eles todo o que fixestes este verán, coñecer as novidades do cole... Eu agárdovos impaciente na biblioteca pois ando cavilando nalgunhas cousas vos van encantar. Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!! Moitos bicos e FELIZ CURSO 2016/2017!!
miércoles, 20 de abril de 2016
DÍA DO LIBRO 2016
Xa está todo preparado para celebrar o gran día do libro!!
Moitas actividades vos esperan:
Moitas actividades vos esperan:
Mercadillo de libros,
apadriñamento lector,
elaboración de marcapáxinas
e moitas sorpresas máis...
ANXO MOURE
Chegou o día da visita tan esperada, e a verdade é que non defraudou, coma sempre este contacontos quedouse ca admiración de tódolos nenos.
Aquí tendes fotos e un anaquiño da súa actuación!!
MOITAS GRAZAS ANXO!!
ESPERAMOS VOLVER A VERTE POR AQUÍ!!
Tamén lle pedimos que nos adicara varios dos seus libros que temos na biblioteca e fixoo encantado. De novo, GRAZAS.

Podedes ver máis fotos na galería da páxina web do colegio.
domingo, 17 de abril de 2016
ANXO MOURE
O martes 19 de abril como aperitivo a celebración do día do libro visítanos o contacontos e autor de moitos libros dos que temos na biblioteca, Anxo Moure.
Espero disfrutedes moito desta actividade!!!
lunes, 21 de marzo de 2016
DÍA DA POESÍA 20016
Este ano celebramos este día o venres 18 de marzo debido a que o propio día estaríamos de vacacións.
A actividade que se propuxo foi crear unha poesía por parte de cada clase a partir do conto tradicional representado o día das bibliotecas escolares.
A creatividade dos alumnos foi espectacular e así de ben o fixeron:
Infantil: O polo Pepe
A actividade que se propuxo foi crear unha poesía por parte de cada clase a partir do conto tradicional representado o día das bibliotecas escolares.
A creatividade dos alumnos foi espectacular e así de ben o fixeron:
Infantil: O polo Pepe
1º de Primaria: Os tres porquiños
2º de Primaria: Carapuchiña vermella
3º e 4º de Primaria: A princesa e rá
5º e 6º de Primaria: Blancaneves e os sete ananos
Estes rapaces están feitos uns poetas!!!
viernes, 11 de marzo de 2016
SEMANA DA PRENSA
Durante esta semana e con motivo da Semana da Prensa tivemos na Biblioteca diferentes e variados xornais para poder consultar: locais, nacionais, deportivos...
Os alumnos de 3º,4º, 5º e 6º con axuda dos seus titores elaboraron durante esa semana un xornal con noticias e novidades do centro.
así de chuli lles quedou!!
viernes, 4 de marzo de 2016
SEMANA DA PRENSA
A semana que vén celebraremos na biblioteca a Semana da Prensa. Anímate a vir nos recreos.
Esperámoste.
jueves, 25 de febrero de 2016
Día de Rosalía de Castro
O pasado mércores, 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro. A entrada á biblioteca estaba así de chula:
Para celebralo subimos todos a biblioteca para facerlle unha homenaxe a
esta importante escritora galega e alí amosamos os traballos que
estivemos realizando en días anteriores.
Así os alumnos e alumnas de Educación Infantil fixeron dous puzzles de Rosalía que quedaron moi chulos.
O alumnado de primeiro a cuarto encargouse de realizar unha pequena biografía sobre Rosalía de Castro: así primeiro e segundo encargouse de ilustrar as palabras que escribiron os maiores. Este foi o resultado:
O curso de 5º e 6º optou por facer una recopilación das súas obras máis importantes: "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" que recitaron para todos os asistentes á homenaxe.
Por último, todos xuntos cantamos o seu poema máis famoso:
"Adiós Ríos, Adiós Fontes"
"Adiós Ríos, Adiós Fontes"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














