domingo, 17 de abril de 2016
ANXO MOURE
O martes 19 de abril como aperitivo a celebración do día do libro visítanos o contacontos e autor de moitos libros dos que temos na biblioteca, Anxo Moure.
Espero disfrutedes moito desta actividade!!!
lunes, 21 de marzo de 2016
DÍA DA POESÍA 20016
Este ano celebramos este día o venres 18 de marzo debido a que o propio día estaríamos de vacacións.
A actividade que se propuxo foi crear unha poesía por parte de cada clase a partir do conto tradicional representado o día das bibliotecas escolares.
A creatividade dos alumnos foi espectacular e así de ben o fixeron:
Infantil: O polo Pepe
A actividade que se propuxo foi crear unha poesía por parte de cada clase a partir do conto tradicional representado o día das bibliotecas escolares.
A creatividade dos alumnos foi espectacular e así de ben o fixeron:
Infantil: O polo Pepe
1º de Primaria: Os tres porquiños
2º de Primaria: Carapuchiña vermella
3º e 4º de Primaria: A princesa e rá
5º e 6º de Primaria: Blancaneves e os sete ananos
Estes rapaces están feitos uns poetas!!!
viernes, 11 de marzo de 2016
SEMANA DA PRENSA
Durante esta semana e con motivo da Semana da Prensa tivemos na Biblioteca diferentes e variados xornais para poder consultar: locais, nacionais, deportivos...
Os alumnos de 3º,4º, 5º e 6º con axuda dos seus titores elaboraron durante esa semana un xornal con noticias e novidades do centro.
así de chuli lles quedou!!
viernes, 4 de marzo de 2016
SEMANA DA PRENSA
A semana que vén celebraremos na biblioteca a Semana da Prensa. Anímate a vir nos recreos.
Esperámoste.
jueves, 25 de febrero de 2016
Día de Rosalía de Castro
O pasado mércores, 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro. A entrada á biblioteca estaba así de chula:
Para celebralo subimos todos a biblioteca para facerlle unha homenaxe a
esta importante escritora galega e alí amosamos os traballos que
estivemos realizando en días anteriores.
Así os alumnos e alumnas de Educación Infantil fixeron dous puzzles de Rosalía que quedaron moi chulos.
O alumnado de primeiro a cuarto encargouse de realizar unha pequena biografía sobre Rosalía de Castro: así primeiro e segundo encargouse de ilustrar as palabras que escribiron os maiores. Este foi o resultado:
O curso de 5º e 6º optou por facer una recopilación das súas obras máis importantes: "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" que recitaron para todos os asistentes á homenaxe.
Por último, todos xuntos cantamos o seu poema máis famoso:
"Adiós Ríos, Adiós Fontes"
"Adiós Ríos, Adiós Fontes"
viernes, 29 de enero de 2016
Día da Paz
Hoxe á tarde, na nosa biblioteca, celebramos o día da Paz que é o día 30 de xaneiro.
Antes de subir á biblioteca fixemos unnha foto de todos os nenos e nenas no patio do colexio sostendo un globo branco cada un e representando a palabra paz. Logo fixemos un gran círculo dándonos as mans para berrar "VIVA A PAZ" e soltar todos os globos.
Estivemos toda a semana preparando cousiñas para celebrar esta festa e este foi o resultado:
- O mural da entrada ao colexio quedounos moi chulo:
- Os nenos e nenas de Infantil fixeron un gran Guernica e o seu profe explicounos o significado do cadro empregando un libro que tiñamos na biblioteca.
- Os cursos de 1º e 2º fixeron uns puzzles moi chulos Mahatma Gandhi e Nelson Mandela
- Os cursos de 3º e 4º fixeron a Caza do Tesouro sobre Mahatma Ghandi e contáronnos todo o que descubriron:
- Os cursos de 5º e 6º fixeron a Caza do Tesouro sobre Nelson Mandela e estos foron os resultados:
domingo, 24 de enero de 2016
CAZA DO TESOURO 3º E 4º DE PRIMARIA : GANDHI
Premade no seguinte enlace para acceder a páxina
http://phpwebquest.org/newphp/caza/soporte_mondrian_c.php?id_actividad=144654&id_pagina=1
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















