martes, 1 de diciembre de 2015

DÍA DO CONTO

                   Este ano propúxose como unha das actividades a levar a cabo dentro do proxecto de Biblioteca a do " Día do conto", consiste en que dúas veces ao mes, máis ou menos, un alumno ou mestre elixe un libro para ler aos alumnos que queiran asistir na hora do recreo a escoitar e disfrutar da lectura.

                  Empezamos con un conto elexido por David Martínez, alumno de 4º curso, que quixo ler aos demáis o libros " La cena de Rapi".

Foi una actividade que tivo gran éxito e da que disfrutamos moito!!

Vivan os días de conto!!






lunes, 23 de noviembre de 2015

NUNCA SEN ALMORZO!!!...E SEMPRE RECREOS SAUDABLES

Un ano máis o CEIP do Xurés participamos nunha nova edición da actividade promovida pola Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense “Nunca sen almorzo… E SEMPRE RECREOS SAUDABLES!!”
 
O obxectivo principal da actividade é o de informar e sensibilizar aos nosos alumnos e alumnas da importancia dun almorzo correcto, dos alimentos máis apropiados para o seu consumo no recreo e da actividade física.
 
Así o día 23  de novembro recibimos a visita de Purificación Nóvoa Fernández, técnica de saúde, coa que aprendimos moitísimo sobre alimentación e sobre a importancia de levar unha dieta sana e equilibrada.
Pero non veu soa… Tivemos a sorte de ser elixidos como o centro no que ía arrancar dita actividade neste curso 2015-2016. Así, tamén nos visitaron:
  • A Delegada da Xunta en Ourense: Marisol Díaz Mouteira
  • A Xefa Territorial de Sanidade: María Villar Suárez
  • A Xefa Territorial de Educación: Mercedes Rial Gallego
Para rematar a parte teórica da actividade, o alumnado de Educación Infantil e Primeiro Curso de Educación Primaria simularon unha pirámide alimentaria con gorros verdes, laranxas e vermellos. Durante o recreo levamos a cabo un xogo conxunto para todo o colexio no que se promovía a actividade física e para rematar merendaron froita e un lácteo.
 

 
 
 

Foi unha mañá distinta, ben aproveitada e moi divertida.

 

miércoles, 11 de noviembre de 2015

MAGOSTO 2015

Que ben o pasamos !!! Este ano non puidemos ter mellor tempo para a  celebración do magosto, puidemos gozar dunha festa estupenda na que houbo moitas castañas, e non só para comer, xa que as castañas foron as protagonistas de todos os xogos que fixemos: " hokei de castañas" "Carreiras de culler con castaña", Carreira de sacos de castañas"...Houbo quen logrou completar todos os xogos con gran habilidade!!!
Pero, claro, mentres nós estabamos rindo e xogando, Paulita, a nosa cociñeira preferida estaba a fecernos un xantar de magosto riquísimoooooo!!!

Tamén agradecer os traballadores do GES de Lobios que pepararon a fogueira e nos asaron as castañas como uns grandes chefs: estaban boísimasssss!!


















Podedes ver máis fotos na galería da páxina web do centro!!

jueves, 29 de octubre de 2015

SAMAIN 2015

Un ano máis celebramos o Samin, festa que a todos vos gusta moito!!
Como vimos facendo dende hai tempo, levouse a cabo un concurso de cabazas, na que hai que alabar a gran implicación das familias nesta actividade, así como a imaxinación e traballo, que fixeron que fose realmente moi difícil escoller os gañadores.
Aquí tendes una mostra destas obras de arte!!











GRAZASSSSS FAMILIASSSS!!!

Pola tarde leváronse a cabo tres obradoiros para a realización do noso disfraz de pantasma:

1. De maquillaxe
2. De disfraz
3. De complementos de disfraz ( o cal se realizou na biblioteca)


Logo fixemos un gran baile tenebrosoooooo!!


ASÍ DE BEN O PASAMOS!!












Tendes máis fotos na páxina web do centro!!!


miércoles, 28 de octubre de 2015

SORPRESAAAAA!!!

Hoxe cando chegamos a biblioteca tiñamos una gran sorpresa, había algo diferente ,había sillas e mesas novas!!
Por fín van chegando esas sorpresas e novidades das que nos falaron a principio de curso.
Pero non será a única aínda quedan moitas máis...



Que chulada!!