lunes, 23 de noviembre de 2015

NUNCA SEN ALMORZO!!!...E SEMPRE RECREOS SAUDABLES

Un ano máis o CEIP do Xurés participamos nunha nova edición da actividade promovida pola Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense “Nunca sen almorzo… E SEMPRE RECREOS SAUDABLES!!”
 
O obxectivo principal da actividade é o de informar e sensibilizar aos nosos alumnos e alumnas da importancia dun almorzo correcto, dos alimentos máis apropiados para o seu consumo no recreo e da actividade física.
 
Así o día 23  de novembro recibimos a visita de Purificación Nóvoa Fernández, técnica de saúde, coa que aprendimos moitísimo sobre alimentación e sobre a importancia de levar unha dieta sana e equilibrada.
Pero non veu soa… Tivemos a sorte de ser elixidos como o centro no que ía arrancar dita actividade neste curso 2015-2016. Así, tamén nos visitaron:
  • A Delegada da Xunta en Ourense: Marisol Díaz Mouteira
  • A Xefa Territorial de Sanidade: María Villar Suárez
  • A Xefa Territorial de Educación: Mercedes Rial Gallego
Para rematar a parte teórica da actividade, o alumnado de Educación Infantil e Primeiro Curso de Educación Primaria simularon unha pirámide alimentaria con gorros verdes, laranxas e vermellos. Durante o recreo levamos a cabo un xogo conxunto para todo o colexio no que se promovía a actividade física e para rematar merendaron froita e un lácteo.
 

 
 
 

Foi unha mañá distinta, ben aproveitada e moi divertida.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario