viernes, 29 de enero de 2016

Día da Paz


Hoxe á tarde, na nosa biblioteca, celebramos o día da Paz que é o día 30 de xaneiro.

Antes de subir á biblioteca fixemos unnha foto de todos os nenos e nenas no patio do colexio sostendo un globo branco cada un e representando a palabra paz. Logo fixemos un gran círculo dándonos as mans para berrar "VIVA A PAZ" e soltar todos os globos.


Estivemos toda a semana preparando cousiñas para celebrar esta festa e este foi o resultado:
  • O mural da entrada ao colexio quedounos moi chulo:
  • Os nenos e nenas de Infantil fixeron un gran Guernica e o seu profe explicounos o significado do cadro empregando un libro que tiñamos na biblioteca.
 
  • Os cursos de 1º e 2º fixeron uns puzzles moi chulos Mahatma Gandhi e Nelson Mandela
 
  • Os cursos de 3º e 4º fixeron a Caza do Tesouro sobre Mahatma Ghandi e contáronnos todo o que descubriron:


  • Os cursos de 5º e 6º fixeron a Caza do Tesouro sobre Nelson Mandela e estos foron os resultados:

    viernes, 15 de enero de 2016

    PROXECTO: COÑECEMOS LOBIOS

    Hoxe, día 15 de xaneiro fomos todos a biblioteca porque nos agardaba unha sorpresa!

    Primeiro puxéronnos un vídeo e pedironnos que estivesemos moi atentos a ver si recoñecíamos algo do que ibamos ver.



    E por suposto que recoñecemos moitas cousas porque era un vídeo de Lobios! DO NOSO CONCELLO!
     
    Empezamos a falar e a falar e, a verdade, sabíamos moito da nosa localidade...Todos queríamos falar, todos tiñamos algo que decir...Estábamos entusiasmados.


    Pero aínda nos faltaban moitas cousas por descubrir porque esa xuntanza era para nos dicir que ibamos facer un proxecto para coñecer de verdade LOBIOS. E nese proxecto tiñamos que participar todos! TODO O CENTRO! O proxecto chámase COÑECEMOS LOBIOS!

     Para que nos fose máis doado dividimos o proxecto en cinco bloques, un para cada clase, e así, ao rematar de investigar, contarlle ao resto do cole os nosos descubrimentos:
    • Educación Infantil: O Parque do Xurés
    • 1º curso: A Vía Nova
    • 2º curso: Que é Lobios?
    • 3º e 4º curso: Termalismo
    • 5º e 6º curso: Tradicións
     Dentro deste último bloque a profe Milagros, tróuxonos unha malla (coas que se mallaba o millo) e estívonos explicando como se empregaba.
     Agora, estamos desexando empezar a traballar nos nosos bloques: preguntando na casa, investigando na biblioteca, buscando en libros, entrevistando a xente do concello... hai moito por facer... Iremósvos contando! Estade atentos ao blog do proxecto  que será onde vaiamos poñendo todo o vaiamos facendo. Podedes visitalo pinchando no seguinte enlace:ç


    martes, 1 de diciembre de 2015

    DÍA DO CONTO

                       Este ano propúxose como unha das actividades a levar a cabo dentro do proxecto de Biblioteca a do " Día do conto", consiste en que dúas veces ao mes, máis ou menos, un alumno ou mestre elixe un libro para ler aos alumnos que queiran asistir na hora do recreo a escoitar e disfrutar da lectura.

                      Empezamos con un conto elexido por David Martínez, alumno de 4º curso, que quixo ler aos demáis o libros " La cena de Rapi".

    Foi una actividade que tivo gran éxito e da que disfrutamos moito!!

    Vivan os días de conto!!






    lunes, 23 de noviembre de 2015

    NUNCA SEN ALMORZO!!!...E SEMPRE RECREOS SAUDABLES

    Un ano máis o CEIP do Xurés participamos nunha nova edición da actividade promovida pola Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense “Nunca sen almorzo… E SEMPRE RECREOS SAUDABLES!!”
     
    O obxectivo principal da actividade é o de informar e sensibilizar aos nosos alumnos e alumnas da importancia dun almorzo correcto, dos alimentos máis apropiados para o seu consumo no recreo e da actividade física.
     
    Así o día 23  de novembro recibimos a visita de Purificación Nóvoa Fernández, técnica de saúde, coa que aprendimos moitísimo sobre alimentación e sobre a importancia de levar unha dieta sana e equilibrada.
    Pero non veu soa… Tivemos a sorte de ser elixidos como o centro no que ía arrancar dita actividade neste curso 2015-2016. Así, tamén nos visitaron:
    • A Delegada da Xunta en Ourense: Marisol Díaz Mouteira
    • A Xefa Territorial de Sanidade: María Villar Suárez
    • A Xefa Territorial de Educación: Mercedes Rial Gallego
    Para rematar a parte teórica da actividade, o alumnado de Educación Infantil e Primeiro Curso de Educación Primaria simularon unha pirámide alimentaria con gorros verdes, laranxas e vermellos. Durante o recreo levamos a cabo un xogo conxunto para todo o colexio no que se promovía a actividade física e para rematar merendaron froita e un lácteo.
     

     
     
     

    Foi unha mañá distinta, ben aproveitada e moi divertida.